




13 de novembro de 2002: o Prestige afunde diante de nós co cosentimento de todos os responsables políticos do momento e provoca a maior catástrofe ambiental que se lembra.
Aínda que sexa uns días despois quería lembrar o aniversario para que non se repita.
Ligazóns ás novas destes días:
http://www.vieiros.com/nova/70256/galiza-non-esta-blindada-contra-outro-prestige
http://www.vieiros.com/nova/70243/galiza-non-se-vende-pechase-en-sedes-da-xunta-no-aniversario-do-prestige
http://www.vieiros.com/nova/70239/asi-contou-vieiros-o-prestige-hai-seis-anos
http://www.anosaterra.org/index.php?p=nova&&id_nova=17821
http://www.anosaterra.org/index.php?p=nova&&id_nova=17615
http://www.anosaterra.org/index.php?p=nova&&id_nova=8449
Bicos, dende a dor das lembranzas.
Mariana
16. November 2008
Aniversario do PRESTIGE
22. Oktober 2008
E seguimos nos medios...
Agora tócalle a vez o noso grande armadanzas do partido internacional de billarda e de outras moitas cousas máis. A entrevista, no xornal Galicia Hoxe, está xenial, entevista na que nin Aitor nin o entrevistador caen nos típicos tópicos de sempre, se cantos estudantes tes? Que se son fillos de emigrantes, que se por que queren estudar galego? Que cousa tan estrana...
Déixovos a ligazón para que gocedes da lectura da entrevista.
E grazas, de novo, por facer o que facedes
Etiquetas: galego, Galicia Hoxe, lectorados
16. Oktober 2008
Outra entrevista no Progreso
Boas!!
Como foi esa volta ao fermoso lar de Alemaña?? Supoño que seguiredes facendo esas sobremesas tan amplas, pero seguro que non andades tanto tempo en bus, con compañeiros e compañeiras tan agradábeis e... Atención! pregunta, como se chamaba o noso fabuloso conductor???Vale por un minipunto de Schein
Deixovos a ligazón para a entrevista que nos fixeron no xornal El Progreso de Lugo cando estivemos en Ribadeo. Se queredes ver o elegantes que estamos os lectores e lectoras teredes que lle premer ao botonciño até abaixo de todo xa que a entrevista está na contraportada do xornal.
Bicos
Iago
14. Oktober 2008
Sodes importantes...
Como vai todo? E a volta ás aulas? Seguides practicando o voso galego?
Desexo que forades tan felices na viaxe a Galiza como o fomos nós, os lectores e lectoras.
Aquí vos deixo algunhas das cousas que dixeron sobre nós na prensa galega.
Galiza vs Deutschland, unha billarda percorre Europa.
Galiza VS. Alemaña
Entrevistas na Radio galega e outras emisións.
Galiza - Alemaña: cita coa historia.
Entrevista a Xermán e Aitor na Radio Galega.
A lingua e a billarda: cuestión de práctica.
A irmandiña da billarda dálle un baño a Alemaña.
O Varal, a páxina web con toda a información sobre
a billarda.
Espero que vos guste todo isto e que vos animedes a escribir neste blog!
Podédesnos contar que vos pareceu mellor e peor da viaxe, que aprendestes, se seguides a estudar galego ou non... e todo o que queirades!
Saúdos,
Aitor
27. September 2008
Queridos Bea, Uxía, Aitor y Iago:
Ante todo muchísimas gracias por los fantásticos días que intensamente hemos compartido juntos.
No hay duda que la Xunta tiene que estar orgullosa al ver los buenos gallegos que han elegido para los cargos de lectores en tierras teutonas.
Personalmente, estoy contentísima porque no sólo me acerqué a mis raíces sino también porque encontré explicaciones a muchas cosas en las cuales antes no había reparado.
No nos llevamos el Compostela , pero ha sido una verdadera peregrinación cultural y humana donde nos hemos sentido aunados en el interés común de conocer lengua y costumbre de una región que tiene mucho que ofrecer desde todo punto de vista.
Ahora nos queda ordenar los pensamientos, las imágenes y continuar con el firme propósito de perfeccionar la lengua de Rosalía y de tantos otros que le dieron y le dan vida a las letras gallegas.
Espero que como verdaderos "galinautas" nos continuemos comunicando a través de este medio para intercambiar impresiones y seguir unidos por el fuerte lazo que creamos en este viaje.
Hasta pronto y felicitaciones por todo lo que nos han prodigado.
Becos de
la veterana
Este blog é de todas!
26. September 2008
19. Juni 2008
16. Juni 2008
Datas definitivas
Ola,
Xa temos as datas definitivas, desde o 16 de setembro, martes, até o 25 de setembro, xoves.
O prezo é de 250€ e inclúe avión, aloxamento e comida e viaxes en Galiza. A data límite para apuntarse é o 11 de xullo. Falade co voso profesor ou profesora correspondente para vos informar.
O 11 de xullo terá que estar feito o ingreso dos cartos nunha conta conta que vos daremos.
Bicos

