Agora tócalle a vez o noso grande armadanzas do partido internacional de billarda e de outras moitas cousas máis. A entrevista, no xornal Galicia Hoxe, está xenial, entevista na que nin Aitor nin o entrevistador caen nos típicos tópicos de sempre, se cantos estudantes tes? Que se son fillos de emigrantes, que se por que queren estudar galego? Que cousa tan estrana...
Déixovos a ligazón para que gocedes da lectura da entrevista.
E grazas, de novo, por facer o que facedes
22. Oktober 2008
E seguimos nos medios...
Etiquetas: galego, Galicia Hoxe, lectorados
16. Oktober 2008
Outra entrevista no Progreso
Boas!!
Como foi esa volta ao fermoso lar de Alemaña?? Supoño que seguiredes facendo esas sobremesas tan amplas, pero seguro que non andades tanto tempo en bus, con compañeiros e compañeiras tan agradábeis e... Atención! pregunta, como se chamaba o noso fabuloso conductor???Vale por un minipunto de Schein
Deixovos a ligazón para a entrevista que nos fixeron no xornal El Progreso de Lugo cando estivemos en Ribadeo. Se queredes ver o elegantes que estamos os lectores e lectoras teredes que lle premer ao botonciño até abaixo de todo xa que a entrevista está na contraportada do xornal.
Bicos
Iago
14. Oktober 2008
Sodes importantes...
Como vai todo? E a volta ás aulas? Seguides practicando o voso galego?
Desexo que forades tan felices na viaxe a Galiza como o fomos nós, os lectores e lectoras.
Aquí vos deixo algunhas das cousas que dixeron sobre nós na prensa galega.
Galiza vs Deutschland, unha billarda percorre Europa.
Galiza VS. Alemaña
Entrevistas na Radio galega e outras emisións.
Galiza - Alemaña: cita coa historia.
Entrevista a Xermán e Aitor na Radio Galega.
A lingua e a billarda: cuestión de práctica.
A irmandiña da billarda dálle un baño a Alemaña.
O Varal, a páxina web con toda a información sobre
a billarda.
Espero que vos guste todo isto e que vos animedes a escribir neste blog!
Podédesnos contar que vos pareceu mellor e peor da viaxe, que aprendestes, se seguides a estudar galego ou non... e todo o que queirades!
Saúdos,
Aitor